CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Virxe do Carme de Sober celebra o seu medio século cun xantar de confraternidade

Será o día 30 de xuño no pavillón do centro e haberá exposición de fotos antigas e actuacións musicais. Poden retirarse as entradas ata o 26 de xuño

 

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober celebra os seus 50 anos de historia cun xantar de confraternidade que vai ter lugar o 30 de xuño no pavillón do Colexio. Ao longo deste medio século de vida teñen pasado polo centro máis de 1.270 alumnos e alumnas. Na actualidade hai matriculados 64 nenos e nenas. Se ben o centro foi creado en 1973, non comeza a funcionar como colexio ata que integrou as escolas unitarias das parroquias, no ano 1974.

Desde o centro convidan a asistir a esta celebración a todas aquelas persoas que formaron ou forman parte da comunidade educativa: alumnos e alumnas, ex-alumnos e ex-alumnas, mestres e mestras, ex-mestres e mestras, persoal non docente, etc. Durante o evento haberá exposicións de fotos antigas e tamén actuacións musicais. As entradas poden retirarse no Centro Sociocultural, na Casa do Concello ou no colexio.

 

 

Os adultos pagarán 24 euros, 12 euros os nenos e nenas de 6 a 12 anos. Para os menores de cinco anos o xantar será gratis. O 26 de xuño é a data límite para recoller as entradas.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a participar neste aniversario do Colexio “un dos nosos símbolos e o espazo de formación e de encontro de todos os nenos e nenas de Sober do último medio século”.

Back to top button