ConcellosÚltima hora

O Centro Comarcal de Trives, en mans do Concello

A Xunta de Galicia e Trives asinan a súa reversión á favor desta entidade municipal
Instalacións do Centro Comarcal de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.
Instalacións do Centro Comarcal de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Pobra de Trives, Francisco José Fernández Blanco, veñen de asinar o convenio de reversión do Centro Comarcal de Trives a favor do Concello. Este Centro Comarcal está situado na estrada de Ourense á vila trivesa e dispón dunha superficie de máis de 4.600 metros cadrados. A reversión deste centro comarcal enmarcase na racionalización de recursos e cooperación entre as administracións, sendo o noveno edificio que albergaba un centro comarcal, que era propiedade da Xunta e que pasa a propiedade municipal.

“En definitiva tratase de continuar afondando no obxectivo da Xunta de sumar esforzos, compartir recursos, evitar duplicidades e seguir mantendo con calidade os servizos que reciben os galegos e galegas”, segundo se informa dende a Xunta de Galicia.

O Goberno galego puxo en marcha a Lei de Racionalización da Administración Autonómica e o Plan de racionalización da administración paralela, que está na súa terceira fase de desenvolvemento, e que ao final deste ‘macroproceso’ a Xunta terá suprimido 97 organismos en total e outros 63 terán sido optimizados, despois de introducir neles importantes melloras de eficiencia tras un intenso traballo de auditoría interna.

Artigos relacionados

Back to top button