ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O Chao (O Barco) celebra a sétima edición da romaría na honra a San Pablo

 

A pradeira do Chao (O Barco) vístese de festa nesta fin de semana para celebrar a sétima edición da súa romería na honra a San Pablo. Os actos comezaban xa o venres 28 de xuño con inchables para os nenos a partir das oito da tarde e verbena con Opium Discomóbil e Dj Isra.

 

 

Este sábado este barrio barquense celebraba o día grande da romaría cun intenso programa que incluía un torneo de petanca, inchables gratuítos para os cativos, unha misa de campo na honra a San Pablo, o xantar popular, seguido de baile e xa pola noite haberá verbena.

 

 

A celebración continuará o domingo con inchables e tamén con baile en sesión continua a partir das oito da tarde coa orquestra Costa Dorada.

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button