ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O CIM de Viana, na procura de vianesas no estranxeiro

 

No marco da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Centro de Información á Muller (CIM) de Viana do Bolo vén de lanzar unha singular iniciativa a través das redes sociais: busca vianesas no estranxeiro.

“Se es muller de Viana e resides no estranxeiro… Ponte en contacto con nós, precisamos que nos botes unha man!”, din dende o CIM, sen desvelar moito máis da iniciativa. As vías de contacto que se establecen, ademais das redes sociais, son as seguintes:

☎️ 988 329 260
📩 dinamizacion.cimviana@gmail.com
📩 cimviana@gmail.com

 

Artigos relacionados

Back to top button