CulturaCulturaÚltima hora

O Cineclube Padre Fejióo arranca a semana con dous documentais

O “Luns de Filmoteca” do Cineclube Padre Feijóo continúa co seu ciclo adicado ás mulleres africanas. Para a súa próxima sesión, 20 de marzo, traen á directora Raja Saddiki cun documental onde expón como viven as inmigrantes senegalesas en Casablanca. Nel representa a loita por atopar a súa medina, un espazo de respecto fronte ao rexeitamento e a xenofobia.

Baixo o título “Aji-bi, as mulleres da torre do reloxo”, a directora amosa como esta mulleres, no seu momento, abandonaran os seus lugares de orixe seguindo o soño do norte cara a Europa. No seu percorrido detéñense en Casablanca, e proban a iniciar outra vida, aprender outra cultura e permanecer nela.

A duración desta peza é de 66 minutos. Os pases serán ás 20:30 e ás 23:00 horas na Biblioteca Pública de Ourense. O prezo da entrada é de 2 euros para socios e de 2,50 euros para o público en xeral.

Para o martes, 21 de marzo, contan cunha nova sesión do 3º Ciclo de Cine e Medicina, organizado polo Colexio Oficial de Médicos de Ourense. Desta volta, traen un documental titulado “A historia de Jan”, do director Bernardo Moll Otto.

O argumento desta peza comeza o 4 de novembro de 2009, cando Jan, o protagonista nace. Ao pouco de confirmarse que ten Síndrome de Down, o seu pai comeza a escribir un blog, que segue activo na actualidade, e a rodar horas e horas de vídeos familiares. Devanditas películas caseiras agora transfórmanse neste documental. Esta peza conta, dende a intimidade, unha historia de superación e aceptación. A través do sentido do humor, o esforzo e o amor por Jan, os seus pais buscan normalizar e dar visibilidade ao descontento mundo da discapacidade.

Ese documental terá unha única sesión ás 19:30 horas na Biblioteca Pública de Ourense. O prezo de entrada é de 4 euros para o bono de seis películas.

A axenda da semana continúa o mércores, 22 de marzo, no Cineclube Padre Feijóo co filme “Só no mundo”, do director canadense Xavier Dolan, que con só 27 anos xa ten feitas seis películas. Esta peza logrou o gran Premio do Xurado no festival de Cannes 2016.

Dolan, utilizando a peza teatral homónima do francés Jean-Luc Lagarce, escrita en 1990 (cinco anos antes do seu falecemento por Sida), o director continúa confrontando as solución familiares fronte á destrución dos seus protagonistas.

O argumento xira en torno a un escritor que regresa ao seu pobo natal para anunciar á súa familia que pronto vai morrer. Neste momento vivirá un reencontro co seu entorno familiar, unha xuntanza na que as mostras de cariño son sempiternas discusións e manifestacións de rencores e reproches.

A película terá tres pases: ás 18:00, 20:30 e 23:00 horas na sala da Biblioteca Pública de Ourense. A entrada terá un custo de 4 euros para os asociados e de 5 euros para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button