DeportesEn portadaÚltima hora

O Club Adas do Barco, 4º no Campionato de España de campo a través en relevo mixto

A barquense Inés Docampo, tras cruzar a liña de meta no nacional de cross mixto de relevos en Atapuerca (Burgos)./ Cedida.

 

Rozando o podio quedábase o Club Adas Cupa do Barco na primeira das carreiras no Campionato de España de Campo a Través por Clubs absoluto que se está a disputar nesta fin de semana no circuíto do xacemento arqueolóxico de Atapuerca (Burgos).

O equipo valdeorrés saía en posicións moi discretas, pero ía realizando ao longo da competición unha espectacular remontada que culminaba a barquense Inés Docampo entrando cuarta en meta, pero cun resultado moi axustado coa terceira, o que mesmo fixo dubidar nos primeiros momento se o conxunto valdeorrés era bronce ou non.

Finalmente, confirmábase un cuarto posto para o Club Adas, que completaba o circuíto cun tempo de 19:38, o mesmo que o AA Catalunya. O título de campión quedaba en mans do Grupoempleo Pamplona At (19:22), mentres que a prata correspondíalle ao Playas de Castellón (19:23).

O equipo do Club Adas en relevo mixto estaba formado por Ignacio Garcia Ramon, Inés Docampo Gamarra, Sergio Alegre Fernandez e Loreto Pacho.

Artigos relacionados

Back to top button