DeportesÚltima hora

O equipo feminino absoluto do Adas e o mixto, campións galegos de clubs en campo a través

 

Con ata tres medallas regresaban os atletas do Club Adas Cupa do Barco do Campionato de Galicia absoluto de campo a través por clubs, que se celebraba o domingo 22 de outubro en Cangas de Foz (Lugo). Así o equipo feminino absoluto proclamábase campión galego nunha proba de 8 km, sendo segundo o Ría de Foz. O conxunto feminino do Adas defendía título, baseou o seu triunfo no primeiro posto de Esther Rodríguez e a terceira posición de Iria Fernández quen xunto a Elena Ledo e a Martina Tasende, facían sumar ao equipo de Valdeorras un total de 15 puntos.

Título galego tamén para o equipo mixto do Adas, no que competían María Cedrón, Ignacio García, Inés Docampo e Sergio Alegre. Impoñíanse cun tempo de 19:00 á S.G. Pontevedra, que entraba segunda e ao Lucus, que quedaba terceiro. Os absolutos corrían unha distancia de 6 km. Así o conxunto valdeorrés consegúa revalidar o campionato do ano pasado sumando así o seu terceiro título desta modalidade (2019, 2022 e 2023).

 

 

A terceira medalla do Adas no galego de cross viña da man do equipo masculino, que lograba a prata absoluta nesta competición. Producíase unha interesante competición entre o Adas, quen defendía título, e o Lucus Caixa Rural que ao remate, e por unha marxe de cinco puntos, convertíase en campión galego. Esteban Iglesia e Xabier Rodríguez foron os mellores por parte dos lucenses ao entrar nas dúas primeiras posicións, en tanto que Alfonso Mendoza no posto quinto, e Israel Ropero no noveno, foron os máis destacados do Adas. O Clube Ourense Atletismo cun total de 38 puntos, compartiría postos de podio.

Fotos: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button