A RúaConcellosÚltima hora

O Club Atletismo Rúa entrega a recadación da andaina-carreira a favor da AECC en Ourense

A doazón, por importe de 1.504,45 euros, vai destinada ao programa “Axudas económicas para pacientes oncolóxicos”

 

O Club de Atletismo Rúa vén de entrgar a recadación obtida froito da 5ª Andaina-Carreira contra o Cancro de Valdeorras, a favor da Asociación Española contra o Cancro de Ourense. Así o conxunto da recadación obtida vai destinada como  doazón ao programa “Axudas económicas para pacientes oncolóxicos”, co fin de “seguir dando resposta á situación actual de emerxencia social que viven moitas familiar na provincia de Ourense e ao aumento de risco de exclusión destas”, indican dende a entidade.

Por iso, a asociación considera “especialmente necesario ofrecer unha resposta a esta realidade proporcionando apoio económico de emerxencia nos casos de maior necesidade e risco social, nos que a situación socioeconómica e de falta de cobertura básica pon en perigo o seguimento adecuado do tratamento oncolóxico, adherencia ao mesmo e ás condicións mínimas de calidade de vida para que este déase de forma adecuada”.

A entrega da doazón tivo lugar na sede local da asociación en O Barco de Valdeorras. O acto estivo representado por Fernando Navarro e Isabel María Seco, presidente e tesoureira do Atletismo A Rúa; e por Gloria Pérez, Jacqueline Rodríguez e María del Carmen Quiroga; a delegada, profesional e voluntaria da asociación en Valdeorras, respecticamente. A doazón ten un importe de 1.504,45 euros.

Artigos relacionados

Back to top button