EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia convoca un concurso de debuxo para estudantes de ESO de Valdeorras

O programa establece tres premios: 300 euros para o ganador, 150 para o segundo e 50 para o terceiro, ademais de agasallos

 

O Clúster da Pizarra de Galicia vén de convocar un concurso de debuxo dirixido ao alumnado da ESO da comarca de Valdeorras. “A participación está aberta a tódolos alumnos de ESO dos institutos e colexios da comarca. A única condición indispensable que teñen que cumprir os participantes é a de que o material presentado sexa inédito”, explican dende esta entidade empresarial.

Con respecto á temática, “o debuxo debe mostrar a importancia que o sector da lousa ten para Valdeorras e os seus habitantes. O autor ten que intentar poñer de manifesto como a pizarra axuda ao desenvolvemento dos concellos da comarca e das zonas limítrofes”, segundo o clúster.

Nas propostas poderá empregarse calquera técnica artística: pictórica, informática ou fotográfica. Os orixinais deberán entregarse antes das 15:00 horas do 13 de decembro.

O concurso establece tres premios:  300 € e un agasallo para o gañador,  150 € e un agasallo ao segundo clasificado e 50 € e un agasallo ao terceiro clasificado. O  instituto ou colexio no que estudie cada un dos premiados tamén recibirá un obsequio.

O xurado que determinará os traballos ganadores estará composto por persoas relacionadas co mundo do deseño e o arte, por xornalistas e polo presidente do Clúster da Pizarra ou a persoa na que éste delegue.

Artigos relacionados

Back to top button