EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia di que non ten constancia de posibles prácticas de competencia desleal no transporte de lousa

Esta organización tratou de falar con Apetamcor, quen fixo pública onte esta información, para saber que probas teñen diso e non "obtivemos ningún tipo de resposta"

Tras a nota de prensa emitida onte pola Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor), na que se alertaba de posibles prácticas de competencia desleal no transporte do sector da lousa en Valdeorras, o Clúster da Pizarra de Galicia acaba de emitir un comunicado no que asegura que “non ten constancia de que estea a ocorrer nada así nesta comarca. Nin relacionado co transporte de lousa, nin con ningún outro material”.

Ademais, dende o Clúster da Pizarra de Galicia indican que tras ler na prensa as manifestacións de Apetamcor, “esta mesma mañá tentámonos poñer en contacto coa asociación que denunciaba eses “presuntos delitos”, pero, ata este mesmo momento, non obtivemos ningún tipo de resposta pola súa banda. Tamén falamos con varias empresas de transporte valdeorresas, algunhas delas membros desa asociación desde hai varios anos, e ningunha delas sabía nada do tema, nin escoitara ningún rumor sobre esas presuntas actividades ilegais ata que o leron nos medios de comunicación”.

En todo caso, dende o clúster indican que, “mentres seguimos esperando que desde a asociación denunciante se poñan en contacto connosco, queremos poñer de manifesto que, no caso de que algunha desas denuncias sexa certa, serían asuntos privados dalgunha empresa de transporte concreta. Non terían nada que ver, en ningún caso, co sector da lousa”.

Artigos relacionados

Back to top button