SanidadeÚltima hora

O Colexio de Enfermería de Ourense, punto de recollida de axuda humanitara para Ucraína

Exterior da sede do Colexio de Enfermería de Ourense.

 

A xunta de goberno do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense (COE) aprobou este luns por unanimidade participar nos labores de recollida de material infantil, sanitario e de hixiene para enviar a Ucraína. Deste xeito, a sede do COE de Ourense súmase a outros puntos da provincia que participan nesta tarefa coordinados pola Deputación de Ourense, que se encargará da recollida e envío da mercadoría.

Todas aquelas persoas interesadas en colaborar poden facelo coa doazón dos seguintes artigos – é imprescindible que ningún produto ou material veña envasado en cristal- na sede do colexio (rúa Vila Valencia, 18, baixo):

● Material infantil: cueiros, biberóns, gasas e cremas.
● Material sanitario e de hixiene: xabón, cepillo e pasta de dentes, papel hixiénico, compresas, tampóns, gasas, betadine, talco, alcol 70º, auga osixenada, soro fisiolóxico, vendas de fío e crepé, esparadrapo de tea e antialérxico, luvas de látex ou vinilo, máscaras, tiritas, apósitos, férulas,
colariños e mantas térmicas.

Artigos relacionados

Back to top button