CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Colexio Marista de Ourense visita Parada de Sil

 

Despois de preparar a visita tanto no que ten que ver coa paisaxe como co Museo de Chocolate nas aulas, o alumnado de 1º e 2º de Primaria do Colexio Marista de Ourense (125 cativos acompañados por 7 profesores) desprazábase ata Parada de Sil.

 

 

Tal como expican dende o Concello, a visita ao Museo do Chocolate foi escalonada e puideron ver como se fabrica o chocolate a partir do cacao, así como o funcionamento das distintas máquinas, estando acompañados sempre por Mónica Fariña, a encargada do museo ou por Loli Casares, filla da familia que cedeu a casa museo ao Concello, “que coñece ben os pormenores do asunto, xa que de pequena ela facía chocolate”, puntualiza o concelleiro Francisco Magide. Tamén foron obsequiados con chocolatinas, que os pequenos agradeceron, e cun libro da Casa Museo do Chocolate para a biblioteca do colexio.

 

 

Ao remate desprazábanse ata o miradoiro de Balcóns de Madrid para observar o encoro do Sil encaixonado entre uns abruptos cantís. Neste lugar comeron antes de regresar á cidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button