EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O comité de empresa de Irosa e Samaca valora novas mobilizacións en defensa dos postos de traballo

 

Con moita preocupación e incerteza están vivindo estes días os traballadores de Irosa e Samaca ao descoñecer que vai pasar cos seus postos de traballo, uns 250 en total, logo de que esta fin de semana se fixese pública a data para completar a execución do desafiuzamento, o 29 de novembro.

Esta mañá tiña lugar unha xuntanza entre os membros do comité de empresa e os responsables destas empresas valdeorresas da lousa. “Non se nos deron novidades, pero a empresa si que nos pediu que mantiveramos a calma e que durante dúas semanas non realizaramos mobilizacións. Aínda así nós non descartamos novas accións, xa que ante esta situación non nos imos quedar de brazos cruzados”, aseguran dende a CIG, que xunto a CCOO son os sindicatos con representación no comité de empresa de Samaca e Irosa.

Artigos relacionados

Back to top button