ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello da Pobra de Trives suspende o magosto previsto para mañá en apoio aos afectados pola DANA

A alcaldesa está contactando coas familas trivesas que residen nas zonas da catástrofe, "sen atopar ata o de agora afectados directos"

Asando as castañas para o magosto en Trives nunha edición anterior./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Con motivo dos 3 días de loito decretados en todo o Estado por mor dos tráxicos efectos da DANA en Valencia, sobre todo, pero tamén Castela-A Macha e Andalucía, dende o Concello da Pobra de Trives anuncian o aprazamento do magosto previsto para mañá.

As bandeiras oficiais do Concello ondean a media asta e cun crespón negro, no caso das interiores e de igual modo, “suspéndense todos os actos públicos oficiais, así como os de carácter festivo organizados polas diferentes concellerías, durante o tempo decretado como loito oficial”. Por este motivo, “queda suspendida a celebración do magosto que estaba prevista para o día 2 de novembro, trasladándose ao 16 de novembro”.

Ademais, dende o Concello de Trives, a través da propia alcaldesa, Patricia Domínguez, “está a contactar cos veciños e veciñas trivesas residentes nas zonas afectadas para interesarse pola súa situación, ofrecer axuda e amosar a solidaridade da nosa vila con todas as personas afectadas e que residen nesas comunidades”, o que fan extensivo, a través dun comunicado, a todas aquelas coas que de momento non nos foi posible aínda contactar.

 

Artigos relacionados

Back to top button