A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa e o seu irmanamento con Almendralejo, protagonistas na ‘Fiesta de las Candelas’

A cita será mañá, 1 de febreiro, na cidade estremeña

Os alcaldes da Rúa e Almendralejo no acto previo á XIV Festa do Codillo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Rúa e o seu irmanamento coa cidade estremeña, serán protagonistas destacados mañá mércores, día 1 de febreiro, na tradicional ‘Fiesta de las Candelas’ que se celebra en Almendralejo.

Declarada de interese turístico rexional pola Junta de Extremadura, a festa congrega ao redor duns lumes, que se supoñen purificadores, a practicamente toda a cidade e é unha cita ancestral que se veu mantendo no folclore popular durante séculos. Ás oito en punto da tarde repenicarán as campás da Torre dos Almendros, na Parroquia da Purificación, e é o sinal para que se prendan as fogueiras, este ano nunha cifra próxima ás 70. A primeira delas, a oficial, é a que organiza o Concello de Almendralejo na súa monumental praza de touros do Coso da Piedade.

E esa candea, cuxo aceso corresponde sempre a unha asociación, unha entidade, un personaxe popular ou encerra un recoñecemento a alguén ou a algo, este ano servirá como homenaxe ao Concello da Rúa e ao XX Aniversario do Irmandamento entre A Rúa e Almendralejo. O encargado de prender a candea, na súa representación, será o xornalista almendralejense Juan Francisco Sánchez Argüello, ‘Fillo Adoptivo da Rúa’ e ‘Embaixador da Rúa en Almendralejo’.

 

Artigos relacionados

Back to top button