A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa lanza unha campaña para pomover o consumo de viño de Valdeorras

Trátase dun vídeo promocional que se fará público a partir do vindeiro luns 6 de xullo

 

Consumir viño valdeorrés fai economía local, ademais de supoñer un modo de facer pobo e comarca, de dar a coñecer e promocionar a terra. Así o destacan viticultores, adegueiros e enólogo no vídeo da campaña de promoción que o Concello da Rúa lanzará a partir do vindeiro 6 de xullo.

“Esta campaña enmárcase dentro de #ANosaRúa, unha serie de iniciativas que promove o Concello coa finalidade de potenciar e dar valor ao noso. Durante os pasados meses de confinamento, as adegas non puideron vender o seu viño, polo que agora contan con amplo stock”, destacan dende o Concello da Rúa.

Ademais esta administración local anima “tanto a veciños como aos que non o son, a consumir os nosos viños, apoiando así aos produtores e axudando a dar proxección a este produto de gran calidade que nos representa, esta é a finalidade desta campaña”.

No vídeo tamén se defende a importancia do viño como produto cultural, “o seu papel nas relacións sociais, a calidade do que se produce na nosa comarca ou a súa repercusión na economía local. Poderemos ver paisaxes aéreas do concello, tradición, historia, industria e algúns dos veciños que están detrás dun produto tan noso como é o viño”, aseguran dende o Concello da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button