A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa levanta as restricións do consumo de auga

Fachas do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Despois de tres semanas de restricións no consumo humano de auga “por fin, e tras ver os resultados favorábeis das últimas mostras tomadas nesta mesma semana en depósito, captación, rede e billa, podemos anunciar o fin das restricións ao consumo auga a toda a zona afectada até este momento”.

Así reza o bando que vén de emitir o Concello da Rúa, asegurando que “desde este momento restablecemos o normal subministro para todo o concello unha vez que se eliminou na súa totalidade toda a presenza de rotavirus no noso sistema de abastecemento”.

Dende o Concello lembran que na semana pasada procederon ao peche dunha das captacións polo que se reducen as reservas. “Por ese motivo lembramos que é importante limitar os usos aos estritamente necesarios, o que require da colaboración de toda a veciñanza para raccionalizar o seu uso”.

Así pois “continúa estando prohibido usar auga da traída durante o período estival para: lavado de veículos, rego de xardíns e hortas, enchido de piscinas, depósitos de auga para rego e análogos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button