Na xornada deste martes 16 de febreiro, o Concello da Rúa publica a licitación das obras de mellora medioambiental da área recreativa e paseo do Aguillón. Un proxecto subvencionado polo GDR cun investimento duns 70.000 euros que contará con varias actuacións.
A principal será a reparación da zona do paseo próxima ao encoro de San Martiño co pavimento moi deteriorado, co posterior valado “dende o inicio onde está o E.D.A.R. ata a praia fluvial”, puntualiza o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández.
También se acometerá unha obra de reforestación do Arboretum, con novas especies arbóreas, “especialmente pola zona onde se celebra a Bacofesta”, matiza o rexedor, adiantando que tamén se instalará unha caseta de observación de aves. “O Aguillón é unha reserva natural en canto a número de especies de paxaros así que será unha boa forma de atraer aos ornitólogos e persoas afeccionadas a este mundo”, conclúe Álvaro Fernández.