A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa publica as bases de licitación do Refuxio

Exterior do Refuxio, no Aguillón./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello da Rúa vén de publicar na sede electrónica o anuncio e pregos de licitación do recinto do “Refuxio de Pescadores”. O prazo de presentación de ofertas extenderase ata 10 días hábiles contados desde o seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia na semana próxima. Trátase dun local duns 110m2 construído no ano 1990 na Área Recreativa do Aguillón, a carón do Encoro de San Martiño.

A forma de adxudicación do contrato de arrendamento será o concurso público, no que calquera interesado poderá presentar una oferta, de acordo co artigo 107.1 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas e tal como se desprende do prego de cláusulas, “a adxudicación do contrato realizarase utilizando una pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo de conformidade co que se establece na cláusula oitava”.

En canto ao orzamento base de licitación “ascende á contía de 5.082 € (IVE do 21%, incluído) dado que a renda ascende á cantidade de 350 € mensuais mais 73,50 € do 21% do IVE, o que determina unha cantidade axeitada ao valor medio do mercado, segundo valoración realizada polos Servizos Técnicos Municipais, que poderá ser mellorada á alza polos licitadores”.

A duración do contrato de arrendamento fíxase en 3 anos, de carácter prorrogable por un ano máis por expreso acordo das partes.

Artigos relacionados

Back to top button