ConcellosManzanedaÚltima hora

O Concello de Manzaneda suspende as feiras na vila e en Raigada

 

Tendo en conta a situación epidemiolóxica actual, como medida preventiva o Concello de Manzaneda vén de anunciar tamén a suspensión das feiras no municipio: a de Manzaneda e a de Raigada. “Dada a situación que estamos a vivir a nivel municipal, e nos concellos limítrofes co aumento de contaxios de Covid-19 na nosa comarca, a prioridade do Concello é velar pola saúde de todos os veciños e veciñas, por iso, e coa finalidade de dar continuidade como ata o de agora as medidas preventivas, vémonos na obriga de comunicar a suspensión das feiras que se levan a cabo no noso municipio ata que as circunstancias sanitarias permitan a súa celebración sen risco para os asistentes”, segundo se sinala no comunicado feito público polo Concello.

Ademais, dende esta administración local pídese “a máxima responsabilidade para poder ir diminuido o número de casos activas. Debemos tomar todas as precaucións de separación e seguridade recomendadas, usar sempre mascarilla e lavar as mans con frecuencia con xabón ou xel hidroalcólico, así como evitar, na medida do posible , a interacción entre persoas non conviventes”.

Finalmente, o Concello de Manzaneda asegura que, “se todas e todos cumprimos, poderemos seguir avanzando na loita contra o Covid-19, sen ter que dar ningún paso atrás que supoña un novo contratempo para as actividades empresariais, comerciais, hosteleiras e dos demais sectores económicos do municipio, ademais de para a saúde dos veciños”.

Artigos relacionados

Back to top button