CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Concello de Parada de Sil homenaxeará á Coral Aqua Música nas Letras Galegas

Esta celebración está prevista para o vindeiro 14 de maio na Casa Consistorial

 

Despois de dous anos sen celebración debido á pandemia, o Concello de Parada de Sil volve  festexar o Día das Letras Galegas que nesta ocasión adiántase ao 14 de maio. Todos os anos, ademais de render un pequeno tributo á persoa nomeada pola Real Academia Galega, neste caso Florencio Delgado Gurriarán, o Concello elixe “unha persoa ou institución con relación con Parada de Sil para homenaxeala e dar así a coñecer os valores culturais neste caso do concello. Este ano será o grupo musical, AQUA MUSICA, que naceu no 2012 nas termas de Ourense e do que o presidente é veciño de Parada de Sil, do pobo de Castro, e a directora ten raíces noutro dos pobos do concello, neste caso Espiñas, ademais este grupo leva dende o seu nacemento, fai polo tanto 10 anos colaborando có noso concello”, afirma o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

Cos seu cantos a coral foi difundindo, e sigue a facelo, “o galego por moitos lugares e compre sinalar que dende o 2014 comezou a actuar como coro no Camiño de Santiago con actuacións en Jaca, San Juan de la Peña en Huesca, en Pamplona, no mosteiro de Irache, en Logroño e Burgos, entre outros sitios. Polo que tamén ten un papel importante na difusión do galego dentro e fora de Galicia”, engade o rexedor.

O acto terá lugar no salón de plenos do concello e empezará ás 11:30h. con diversas intervencións, actuacións musicais e mesmo a proxección dun vídeo de recordos dos homenaxeados. O acto a laudatio corre a cargo do “prestixioso xornalista ourensán e amigo de Parada de Sil, Lalo Pavón”, conclúe o alcalde. Ao remate serviranse petiscos e viño galego para todas as persoas asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button