ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil mellorará o acceso a máis de 20 fincas de uso gandeiro-forestal

Publicidade
Aquilino Domínguez, alcalde do concello de Parada de Sil. Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na dinámica emprendida polo Concello de Parada de Sil co fin de dar pulo ao turismo, pero tamén aos gandeiros, sobre todo na parte alta do municipio, vén de axudicarse unha nova obra de mellora no camiño que vai da localidade de Forcas á de Pradomao.

“Unha vez abertas as plicas, adxudicouse á empresa Díaz Caldelas por ser a mellor oferta. Esta obra está contemplada dentro do Plan Marco por un importe de 62.842 euros dos que a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural aporta 51.936”, tal e como se informa dende o Concello de Parada de Sil.

Esta mellora contempla dúas actuacións distinta,s sendo a primeira de ensanche, colocación de pases de auga, apertura de cunetas e recheo de zahorra. A segunda actuación será a explanación dun tramo para rematar a unión entre os dous pobos por esa vía que da acceso a máis de 20 parcelas.

Dende o Concello de Parada de Sil, o seu alcalde, Aquilino Domínguez, afirma que “é moi importante mellorar os accesos a fincas para facilitar o trabllo dos gandeiros deste concello”.

Artigos relacionados

Back to top button