ConcellosRubiáÚltima hora

O Concello de Rubiá conmemora o Día da Muller cunha tarde de zumba

 

Aínda que o día propio é o mércores 8 de marzo, o Concello de Rubiá adiantábase uns días e na tarde deste sábado día 4 celebraba unha masterclass de zumba para conmemorar o Día Internacional da Muller.

 

 

Así, nunha soleada tarde, reuníanse na praza preto de 60 persoas para bailar ao ritmo de cancións como Terra de Tanxugueiras, entre outras moitas.

Ao rematar o Concello entregaba un agasallo a cada asistente.

 

 

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-sesion-de-zumba-polo-8m-en-rubia-en-imaxes/

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button