Dende o Concello de Sober infórmase de que esta semana vaise iniciar a campaña anual de vacinación da rabia, identificación, e desparasitación canina no termo municipal.
A campaña é voluntaria, pero recórdase aos propietarios de cans que segundo o Decreto 90/2002 (DOG nº 63 de 2/4/2002), dende o ano 2002 é obrigatorio sen excepción ter os cans identificados con microchip.
Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008 (DOG nº92 do 14/5/08), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans en Galicia. Este pasaporte está vinculado aos cans identificados legalmente con microchip.
“A vacinación farase casa por casa, por estar prohibida a concentración de cans. Os interesados deberán chamar ó número do veterinario do recorrido, Xosé Tomé – 689 10 35 94-, o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza o 21 de maio. A vacinación farase pola mañá”, segundo sinala o Concello de Sober.
O calendario da campaña será:
-Xoves 21 de maio: CANAVAL, VILAESCURA, ROSENDE, MILLÁN
-Luns 25 de maio: REFOXO, SOBER, PROENDOS, LIÑARÁN
-Martes 26 de maio: ANLLO S.E., ANLLO S.M.
-Mércores 27 de maio: FIGUEIROÁ, BOLMENTE, BARANTES
-Venres 29 de maio: SANTIORXO, PINOL, LOBIOS
-Luns 1 de xuño: GUNDIVÓS
-Martes 2 de xuño: AMANDI, DOADE
-Xoves 4 de xuño: NEIRAS
-Venres 5 de xuño: BULSO, SANTA CRUZ
Aqueles que xa estean vacinando os seus cans co veterinario do percorrido xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.
Os prezos son:
-Vacina Rabia 15 euros.
-Implantación Microchip + Pasaporte oficial asociado (‘cartilla’): 33 euros.
-Outras Vacinas ou Trámites: preguntar ao veterinario.