DeportesÚltima hora

O Concello de Sober reabre, con cita previa, o ximnasio municipal

A práctica deportiva farase de xeito individual e as instalacións serán desinfectadas despois de cada uso

 

O Concello de Sober reabre este mércores o ximnasio municipal no que poderá realizarse actividade individual con cita previa. Para facer uso das instalacións e das máquinas deportivas será preciso reservar cita o teléfono 982 46 05 13.

A práctica deportiva farase de xeito individual e as instalacións serán desinfectadas despois de cada uso, segundo informa esta administración local. Ademais o Concello levou a cabo o protocolo de desinfección antes da reapertura e seguirá con el ata que as autoridades sanitarias o aconsellen.

Así mesmo, o Concello de Sober ten previsto abrir tamén a primeiros de xuño a pista de pádel, emprazada na contorna das piscinas municipais de Sober, e tamén a pista polideportiva de Centeás.

“En ambos os casos será preciso pedir cita previa para o uso das instalacións. Estas medidas pretenden dar cumprimento a todas as normativas sanitarias para seguir combatendo a aparición da Covid-19 entre a poboación”, segundo o goberno municipal, que agradece que se faga un uso responsable das instalacións e se respecten as novas normas establecidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button