ConcellosÚltima hora

O Concello de Trives ten en marcha catro programas de atención sociosanitaria

Xantar na casa, Sensorización de maiores, Deporte e mantemento e un vehículo adaptado son os servizos dos que xa se beneficia a cidadanía trivesa

A alcaldesa de Trives recolle as chaves do vehículo adaptado.

 

Nos últimos o Concello da Pobra de Trives puxo en marcha varios programas de mellora da atención sociosanitaria á cidadanía. Xantar na Casa, Sensorización de maiores, Deporte e mantemento e un vehículo adaptado son os servizos que xa se ofrecen e que gozan de gran aceptación. Por iso, o novo equipo de asistencia a domicilio que vén de poñer en marcha a Xunta de Galicia nas áreas rurais da provincia de Ourense complementará a atención que xa se presta á poboación máis vulnerable de Trives. En concreto, “un equipo de enfermería desprazarase aos domicilios ou residentes que non dispoñen de persoal médico nin de enfermaría”, puntualizan dende o Concello.

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, valora positivamente a posta en marcha deste novo servizo e agarda que contribúa mellorar a atención sanitaria que se ofrece no rural. “A saúde dos noso veciños e veciñas é unha cuestión prioritaria para este executivo e agardamos que este novo equipo asistencial contribúa a mellorar a atención que se lles presta”, asegura.

Do mesmo xeito, dende o Concello destacan “o alivio que para moitas familias supoñen os programas que xa se ofrece, especialmente Xantar na Casa”. Mediante un convenio coa Xunta, achéganse menús equilibrados aos usuarios e usuarias aos que se fai un seguimento por parte dos especialistas. “Co plan de Sensorización de maiores conséguense controlar as rutinas dos usuarios e usuarias mediante sensores instalados no seu fogar e que permiten acceder ás persoas autorizadas para dar aviso de calquera incidente”, explican . O programa de Deporte e mantemento pon o foco na actividade física para mellorar a calidade de vida dos maiores e o vehículo adaptado permite os desprazamentos a aquelas persoas con problemas de mobilidade e que doutro xeito non poderían saír da casa.

 

Artigos relacionados

Back to top button