ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana condena o acto vandálico do destrozo das cabazas de Samaín

 

O Concello de Viana do Bolo vén de emitir un comunicado para condenar o acto vandálico que se producía na noite do pasado sábado e no que se destrozaban as cabazas de Samaín, decoradas polo alumnado do CEIP Bibei coa axuda das súas familias, que estaban expostas na praza Maior da vila.

“Dende o Concello de Viana do Bolo queremos pedir perdón aos nenos e nenas, sentimos vergoña de que na nosa vila se podan levar a cabo actos desta clase, queremos dicirlles que estamos investigando para descubrir aos culpables e así conseguir que esta acción non quede impune. Non se trata de ideoloxía, non se trata de política, trátase de que algúns despiadados xogaron coa ilusión dos nosos cativos, cambiándolles o sorriso por lágrimas. Iso non o podemos consentir, iso non ten cabida na nosa vila”, asegura o alcalde de Viana, Andrés Montesinos no texto do comunicado.

Ademais asegura que a veciñanza de Viana do Bolo é xente “tranquila, afable, hospitalaria e respectuosas por iso hoxe condenamos este acto, e dende aquí pedimos que se alguén viu algo, nolo fagar saber porque istos actos non pode quedar sen castigo”.

Artigos relacionados

Back to top button