ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco entrega as plantas do proxecto “Flores do Camiño” á veciñanza

 

Ás cinco da tarde deste venres 6 de maio comezaba na praza de Abastos o reparto de plantas da segunda edición do proxecto “Flores do Camiño”, promovido polo Concello do Barco co fin de embelecer o tramo desta ruta xacobea polo municipio.

Así poñense a disposición dos habitantes desas rúas, que teñan balconadas ou terrazas apropiadas, unhas 360 plantas a 60 solicitantes, segundo os datos do Concello. Os participantes podían elixir entre varias clases: surfinia, petunia, xeranio, conchita e verbena. O concelleiro de Turismo do Barco, Eladio Santos, participaba nesta entrega, que está previsto que remate arredor das oito da tarde.

Santos destacaba a boa resposta da cidadanía ante esta segunda edición de “Flores do Camiño”, destacando especialmente a receptividade da veciñanza de Éntoma, A Proba, Tremiñá-Veigamuíños e tamén da rúa Real do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button