ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco prepárase para evitar o asolagamento nas zonas máis baixas do casco urbano

 

Continúa moi alto o caudal do Sil ao seu paso polo Barco, se ben, segundo os últimos datos da Confederación Hidrográfica do MIño-Sil, nesta zona estase en nivel de activación de alerta por desbordamento, fronte á situación de alerta que se vivía pola mañá. Ante estas circunstancias o Concello do Barco asegura que “se tomaron medidas para evitar que, nas próximas horas, puidesen asolagarse as zonas máis baixas do centro urbano (As Hortas e As Areas)”.

Os traballos realizados consistiron na colocación de sacos con areas e saburras, “así como barreiras destes mesmos materiais para evitar a entrada da auga ás vivendas. o nivel do arroio Mariñán, en cambio, baixou con respecto á xornada de onte. O Salgueiral está totalmente asolagado”.

O Concello tamén indica que a “Policía Local realizou a noite pasada servizo nocturno, de forma extraordinaria, e esta noite manterase para que se vixíen os arroios de forma continua. A brigada de obras tamén se manterá traballando esta tarde, realizando traballos de prevención e, en caso necesario, de contención da auga”.

Back to top button