ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco súmase á conmemoración do “Día do Orgullo”

 

Dende o pasado venres a bandeira multicor ondea da Casa Consistorial do Barco e tamén do edificio multiusos da vila. Deste xeito o Concello do Barco súmase, un ano máis, á conmemoración do “Día do Orgullo”, o 28 de xuño.

Ademais o Concello vén de facer público un manifesto (suscrito pola totalidade dos grupos políticos que forman parte da corporación municipal) con motivo desta data. “Desde o Concello do Barco consideramos que a celebración do Orgullo 2021 debe servir para facer un chamamento ás forzas políticas e sociais a evitar que desde as institucións se promovan discursos e accións discriminatorias. Unha oportunidade para poñer freo á adopción de medidas regresivas en contra da diversidade e os dereitos das persoas LGTBI, que non son o reflexo do sentir da maioría social”.

 

 

Ademais o texto conclúe incidindo en que “neste 2021 renovamos o noso compromiso de apoio ao movemento LGTBI, mantendo o impulso reivindicativo e a visibilidade no acompañamento coas súas reivindicacións”.

Artigos relacionados

Back to top button