ConcellosO BoloÚltima hora

O Concello do Bolo levará a cabo a inscrición de alta dos galiñeiros da veciñanza

O goberno municipal aceptou un rogo feito dende o grupo do PP neste senso

 

O Concello de O Bolo vén de aceptar un rogo feito polo grupo municipal do Partido Popular para levar a cabo a inscrición de alta dos galiñeiros á veciñanza, tal e como vén de informar o concelleiro Antonio López.

“Esta inscrición pódese facer no propio Concello coa colaboración dos traballadores deste organismo. É unha maneira máis de facer mais dodada a vida no noso concello e así non ter que ir a unha cámara agraria nin ás oficinas da Xunta en Viloira (O Barco), aforrando os gastos de desprazamento”, explica o edil.

Artigos relacionados

Back to top button