OurenseÚltima hora

O Concello remite ao Catastro a solicitude de segregación parcelaria para construír o CAPD

Este é o paso previo “imprescindible” para ceder os terreos á Xunta na maior brevidade posible
O Concello cederalle os terreos de Barrocás á Xunta.

O Concello de Ourense continua a dar pasos para acadar “canto antes” a construción do futuro Centro de Atención Terapéutica ás Persoas con Discapacidade de Ourense (CAPD).

Logo da xuntanza técnica mantida en febreiro entre o Concello, a Xunta e a Deputación, na que finalmente se elixiu a parcela proposta polo Concello en Berrocás, foi necesario aprobar unha modificación de uso que o alcalde, Jesús Vázquez, se comprometera a levar a Pleno “coa maior celeridade”, dixo.

Así foi, e na seguinte sesión plenaria tras a reunión técnica, que se celebrou o pasado 3 de marzo, o Pleno da Corporación aprobou a alteración do uso dotacional equipamento deportivo público previsto no planeamento vixente para a parcela PD-1B no sector A6. Cambiándoo así por un uso dotacional sanitario-asistencial público, paso previo, necesario e imprescindible para iniciar a tramitación do expediente de cesión da parcela, axeitada ás necesidades que reclaman os pais e nais para emplazar o futuro centro terapéutico e ocupacional para a atención ás persoas con discapacidadede máis de 21 anos da provincia (CAPD).

Posteriormente á aprobación do cambio de uso, o Concello remitiu a Catastro a solicitude para a segregación parcela e a obtención dunha nova referencia catastral. Esto é debido a que coa segregación da parcela xa finalizada e incorporada na Base de Datos do Catastro, o Concello estará en disposición de iniciar de inmediato a tramitación do Expediente para a cesión dos terreos á  Consellería de Política Social, co fin de que leve a cabo o desenvolvemento da infraestrutura.

Artigos relacionados

Back to top button