En portadaÚltima hora

O Consello de Ministros aproba un novo estado de alarma que podería prolongarse ata maio

O decreto limitará a mobilidade nocturna entre as 23h. e as 6h. en todo o país, se ben as comunidades autónomas poderán adiantar ou atrasar unha hora esa franxa horaria

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia tras o Consello de Ministros extraordinario.

 

Arredor das 10h. deste domingo 25 de outubro iniciábase a reunión do Consello de Ministros extraordinario que vén de aprobar un novo estado de alarma en España para os vindeiros 15 días, pero coa intención de prolongalo durante varios meses. A reunión finalizaba en torno ás 12:30h. e despois, ás 14:15h. o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, comparecía antes o medios para dar conta das decisións tomadas.

“Apróbase este estado de alarma á petición dos gobernos de 10 comunidades autónomas e da cidade autónoma de Melilla porque é a ferramenta constitucional para situacions extremas e a situación que vivimos é extrema. O estado de alarma é a ferramenta máis eficaz para frear á curva de contaxio é manter a raia ao virus”, dicía Pedro Sánchez.

Esta segunda onda do Covid-19 presenta unhas características diferentes á primeira e así se reflexará tamén no estado de alarma, tal e como matizaba o presidente do goberno español. Deste xeito, as autoridades delegadas serán os presidentes dos gobernos das Comunidades Autónomas e órgano de cogobernanza será o Consello Interterritorial de Saúde.

En segundo lugar, o decreto do estado de alarma prohibe “a liberdade de circulación entre as 23h. e as 6h. en todo o país”, dicía Sánchez, se ben matizaba que se poderá circular en excepcións como as saídas por motivos laborais, o regreso ao domicilio, para coidar a maiores ou para mercar medicamentos. Ademais, as comunidades autónomas terán un marxe dunha hora para adiantar ou atrasar esa franxa horaria, é dicir, “poderá modularse ás 22h. ou as 00h. ata as 5h. ou ás 7h.”, sinalaba Sánchez.

Ademais, as Comunidades Autónomas poderán confinar o seu territorio completo ou un ámbito territorial inferior, coas correspondentes excepcións. Así mesmo, poderán limitar a permanencia en espazos públicos ou privados a un máximo de 6 persoas non conviventes.

Este estado de alarma apróbase para 15 días, pero a intención de goberno é estendelo durante 6 meses, “ata o 9 de maio. O goberno renderá contas cada 15 días nas Cortes”, adiantaba Pedro Sánchez. Neste senso, o presidente solicitaba “formalmente a todos os grupos parlamentarios”. Tamén aseguraba que este prazo de duración do estado de alarma non é “inamobible, se non é necesario deixará de aplicarse”.

O obxectivo, concluía Sánchez, é “dobregar a segunda onda, co menor custe de vidas e protexendo a sociedade económica e laboral. Con determinación volvermos a dobregar esta segunda onda do Covid”. Así mesmo apelaba “á disciplina social e á moral de vitoria. Estou seguro de que imos logralo, por iso pido a colaboración de todos os cidadáns”.

O decreto publicado no BOE pode consultarse en:
https://osil.info/o-boe-publica-a-declaracion-do-estado-de-alarma/

Artigos relacionados

Back to top button