ConcellosÚltima hora

O Consello Local da Infancia do Barco, no I Encontro Autonómico de Consellos

Celebrábase en Castrelo de Miño na fin de semana do 8 e 9 de xuño e nel estiveron reprsentados dez concellos de Galicia
Nenos barquenses participantes no encontro./ Foto cedida.

Dúas rapazas e dous rapaces de 9 e 11 anos do Barco de Valdeorras acudían os días 8 e 9 de xuño ao I Encontro Autonómico de Consellos Locais da Infancia e a Adolescencia, organizado por UNICEF e a Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Castrelo de Miño.

“Os obxectivos deste encontro eran os de contribuír ao exercicio do dereito dos nenos, nenas e adolescentes a participar en todo o que lles afecta, poñendo en valor o seu dereito a opinar e a ser escoitados. Tamén foi unha oportunidade para intercambiar experiencias entre os diferentes consellos de Galicia, e expor asuntos de interese que xurdan durante a súa celebración”, tal e como se informa dende o Concello do Barco.

O encontro contaba con representantes de 10 concellos de Galicia co fin de acadar puntos de acordo e definir conclusións. Para elo, estiveron traballando en grupos sobre distintas temáticas: participación, medio ambiente, educación, protección e pobreza.

 

Un dos momentos da xuntanza en Castrelo de Miño./ Foto cedida.

As conclusións presentáronas nun acto o domingo 9 de xuño no Concello de Castrelo, ao que asistiu o alcalde do municipio anfitrión, a presidenta de Unicef Galicia e a directora xeral de familia, infancia e dinamización. Tamén se acordou a creación dun consello autónomo de participación para o cal acordaron, neste encontro os nenos e nenas,as primeiras bases que rexerán o seu regulamento.

Artigos relacionados

Back to top button