EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O CRDO Monterrei asina un convenio de colaboración con Protección Civil de Verín

 

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Jonatás Gago García, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín, Manuel Alfonso Araujo, veñen de asinar un convenio de colaboración entre as dúas entidades, para a prestación de servizos conxuntos.

Este convenio ademais de levar consigo a cooperación na seguridade na Feira do Viño de Monterrei, tamén contempla a realización de formación en primeiros auxilios a adegueiros/as e membros do Consello Regulador. Trátase da segunda ocasión que esta entidade colabora coa A.V.P.C. Verín, xa que en anos anteriores, axudouse na adquisición dunha carpa para a agrupación, utilizada nos diferentes operativos nos que participa a mesma.

Artigos relacionados

Back to top button