OurenseÚltima hora

O delegado da Xunta en Ourense visita o pavillón de Castro Caldelas, danado polo temporal

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaba esta mañá o pavillón de deportes de Castro Caldelas vinculado ao CPI Virxe dos Remedios para interesarse polo estado das instalacións tralo paso das frontes climatolóxicas adversas das últimas semanas.

Gabriel Alén percorreu o edificio acompañado de membros da corporación municipal e do deputado provincial de Cooperación e Seguimento do Plan de Mandato 72/73, Pablo Pérez, en representación da Deputación Provincial de Ourense.

Esta construción, de propiedade municipal, serve de apoio didáctico ás actividades deportivas e de lecer do centro educativo.

 

 

Deste xeito, o delegado territorial comprobou as desfeitas ocasionadas polos recentes temporais e comprometeuse a estudar fórmulas de cooperación con outras administracións, como a Deputación, para o arranxo dos danos e avarías producidas, e velar pola seguridade e total desfrute dos nenos e nenas que fan uso das instalacións deportivas.

O delegado territorial da Xunta lembrou que no ano 2019 a Secretaría Xeral para o Deporte investiu 30.000 euros na mellora do pavimento e na dotación de bancadas do pavillón municipal de Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button