
Estase a pechar o calendario anual de piragüismo a nivel internacional, nacional, autonómico e provincial e, neste senso, a Federación Galega de Piragüismo (coa colaboración da Deputación de Ourense e diversos concellos), a día de hoxe xa pode confirmar que vai realizar competicións en 12 municipios ourensáns durante o ano 2023: Allariz, Arnoia, A Rúa, Avión, Barco de Valdeorras, Castrelo de Miño, Cenlle, Coles, Muíños, Ourense, Toen e Viana do Bolo.
Entre elas figuran competicións nacionais, así no mes de abril a provincia será sede do campionato de España de medio maratón a celebrar en Muiños. En maio, no Barco de Valdeorras celebrarase novamente o Campionato de España de descenso de augas bravas en patrullas clásica.
Estas regatas congregarán o mellor de cada especialidade, xa que estas competicións adoitan servir de selectivo á hora de formar o equipo nacional que represente a España nos europeos e mundiais de cada modalidade.
Por outra banda, tamén haberá seis campionatos galegos na provincia no primeiro terzo deste ano, de tal forma que Ourense será ata o mes de abril o epicentro do piragüismo galego:
Campionato Galego de inverno K4/C4 junior senior e veterano en Castrelo de Miño.
Campionato Galego de inverno K2/C2 junior senior e veterano en Barbantes (Cenlle).
Campionato Galego de inverno K1/C1 junior senior e veterano en Barbantes (Cenlle).
Campionato Galego de inverno K4/C4 novas promesas en Castrelo de Miño.
Campionato Galego de inverno K2/C2 novas promesas en Muíños
Campionato Galego de inverno K2/C2 novas promesas en Muíños
Campionato Galego de inverno K2/C2 jovenes promesas en Muíños
Competicións internacionais
Este ano disputaranse o descenso internacional do Miño, Ourense Termal e Descenso do Sil no Barco, regatas que figuran no calendario da Federación Internacional de Piragüismo.
Competicións provinciais
Nos meses de xullo, agosto e setembro levarase a cabo a liga provincial-Copa Deputación de Ourense 2023, con 6 regatas que se disputarán nos Concellos de Muíños, Castrelo de Miño, Viana do Bolo, Allariz, A Rúa e Coles.
Concentración de deportistas
Durante o primeiro semestre, e dirixidos polos técnicos da FGP, vanse concentrar no complexo deportivo O Corgo de Muíños, os mellores deportistas ourensáns de idades comprendidas entre os 13 e 16 anos.