EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

O documental “As Covas de Valdeorras” proxéctase en Seadur (Larouco)

O acto de presentación foi organizado polo Concello de Larouco en colaboración coa Cova da Xabreira

 

Na tardiña do venres 21 de xullo o exterior da Cova da Xabreira en Seadur (Larouco) acollía a proxección do documental “As Covas de Valdeorras”, promovido pola Ruta do Viño de Valdeorras como unha iniciativa de posta en valor enoturística destas adegas soterradas ligadas á tradición vitivinícola da comarca.

 

 

O acto contaba coa presenza da alcaldesa de Larouco, Patricia Domínguez, quen resaltou a importancia das covas como “un patrimonio inmenso polo hai que loitar” e tamén identificativo desta comarca. Xunto a ela estaba o responsable da Cova da Xabreira, Simón Val; e a directora do documental, Cristina de la Torre.

O acto de presentación do documental foi organizado polo Concello de Larouco en colaboración coa Cova da Xabreira.

Fotos e vídeos cedidos.

https://www.youtube.com/shorts/8If9m5oRrb0
https://youtube.com/shorts/ApSvkC-lEVc?feature=share

 

 

Artigos relacionados

Back to top button