
Nunha mesma fin de semana, “O último de Arganeo”, un documental que conta o día a día do xove Edilberto Rodríguez, o derradeiro pastor de Pombriego (León); vén de colleitar dous recoñecementos noutras tantas mostras de cine.
Tras facerse co premio do xurado á Mellor Película Galega na 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), do Museo do Pobo Galego, este traballo, dirixido por David Vázquez, lograba o Premio Espiello Pireneos ao mellor documental de temática de montaña (dotado con 900 euros) no Espiello International Ethnographic Film Fest of Sobrarbe.