O doutor José Carro pecha o ciclo sobre o “Camiño de Inverno”
11 de Decembro de 2016
Impartía unha conferencia sobre a peregrinación xacobea na tarde do 10 de decembro no Barco
“Peregrinación xacobea, ¿que é peregrinar?” era o título da conferencia que na tarde do 10 de decembro impartía o doutor José Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, docente, ensaísta e escritor.
O doutor Carro nun dos momentos da súa intervención no Barco./ Foto: A.R.
Afondaba no sentido das peregrinacións, e máis en concreto na referida a Santiago de Compostela, nunha ponencia que tiña como escenario o salón de actos do edificio multiusos do Barco. Con esta conferencia pechábase o ciclo adicado ao Camiño de Inverno que se vén desenvolvendo dende novembro e promovido polo Instituto de Estudos Valdeorreses, o Concello do Barco e a asociación valdeorresa de Amigos do Camiño de Inverno.
Esta conferencia pechaba o ciclo sobre do Camiño xacobeo que se vén desenvolvendo no Barco dende novembro./ Foto: A.R.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.