En portadaÚltima hora

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular presenta o seu primeiro informe socioeconómico

Está elaborado polo catedrático Fernando González Laxe e polo profesor portugués Adriano Fidalgo de Sousa e realiza unha análise da conxuntura económica, demográfica e do comportamento poboacional das cidades de Galicia e do norte de Portugal en 2021

 

Axudar á promoción das áreas territoriais dos entes institucionais que integran o Eixo Atlántico (Galicia e Norte de Portugal) e coa vontade de valorizar as súas fortalezas e potencialidades. Con esta pretensión vén de ver a luz o primeiro Informe Socioeconómico do Eixo Atlántico. Este documento presentábase esta mañá en Santiago por parte do Secretario Xeral desta organización transnacional, Xoán Vázquez Mao, e polos autores do traballo.

“Cando falamos de Eurorrexión estamos a falar dunha realidade. Galicia e Portugal é unha unidade. Non esquezamos que Portugal é un un país que se senta na mesa dá Unión Europea. Portugal é Atlánticom polo tanto, intereses de Portugal e Galicia son comúns e esa é a nosa fortaleza”, dicía Vázquez Mao no acto, que tiña lugar no Auditorio de Abanca de Santiago de Compostela e que foi presentado polo presidente do Club Financeiro, Roberto Pereira. Durante o evento tamén interviña o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Bugallo.

O Eixo Atlántico ten “máis de 150 estudos e somos a entidade de Europa con máis informes rigorosos. Estes estudos facémolos, actualizándovos cada ano, con coñecemento dá realidade para tomar decisión. O noso obxectivo claro é a creación de emprego. Para nós é imprescindible impulsar ou coñecemtno”, engadía Vázquez Mao.

Nun contexto de “fortes e intensas evolucións resulta necesario analizar as dinámicas de desenvolvemento e, en consecuencias, caracterizar as pautas do comportamento económico e re- señar as características e as especificidades de cada territorio. Por tal motivo, o Anuario deixa entrever as distintas compatibilidades que puidesen presen- tarse e ocorrer; así como interrógase sobre os posibles niveis de cooperación en temáticas prioritarias”, tal e como se resalta no propio anuario.

 

 

Este completo estudo constitúe unha fotografía da situación social e económica das cidades e do territorio da Eurorrexión tras a pandemia. Está elaborado por Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, e por Adriano Fidalgo de Sousa, CEO de Astrolábio, Orientación e Estratexia SA, está editado polo Eixo Atlántico. O anuario segue o modelo do Informe Socioeconómico de Galicia.

González Laxe realiza un diagnóstico da situación actual coa vontade de valorizar as súas fortalezas e potencialidades. O informe é un instrumento para a análise, non só individual, senón colectivo xa que tamén compara os territorios da Eurorrexión.

No Anuario, ademais de analizar a conxuntura económica, estúdase a situación demográfica e o comportamento poboacional na economía dos fogares, as condicións de vida das persoas; as características das empresas; o mercado de traballo e os aspectos relacionados co turismo.

“Cada entrega salientará nun dos aspectos básicos das políticas e opcións económicas susceptibles de corroborar unha maior cooperación entre as distintas institucións que integran o Eixo Atlántico. Neste primeiro exercicio seleccionouse a análise da innovación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia e a rexión norte de Portugal en relación aos seus Estados respectivos e á Unión Europea”, tal e como se destacaba dende o Eixo Atlántico.

 

 

Roberto Pereira, presidente do Club Financeiro, aseguraba que “pretendemos traballar co Eixo Atlántico en futuras ocasións. Os datos que se dan neste informe son suficientemente importantes como para que pensemos que as alianzas e as posibilidades de colaboración co norte de Portugal terían moitísimas repercusións no noso territorio”.

Pola súa banda o rexedor de Santiago, José Bugallo, incidía en que o “Eixo Atlántico vén facendo nestes 30 anos informes extraordinarios e rigorosos, un destes é ou Informe Socioeconómico”.

Fernando González Laxe, experto redactor do informe asegurou que con este Informe Socioeconómico mostra que “Europa é un mosaico territorial co que xurden as macrorexións, ou que é Galicia e ou norte de Portugal que necesita aumentar vos trazos de sedución para atraer empresas, tecnoloxías, ideas, pensamentos e persoas. Se iso somos capaces de facelo, estamos a crear a base para levar a cabo unha cooperación rexional.”

Laxe engadiu: “Este informe é un soporte de información para axudar a asentar as bases territorias, salientar as virtudes máis relevantes desta macrorexión, dar a coñecer ferramentas de análise para reflexionar e salientar as dinámicas de desenvolvemento”.

O Anuario fai unha rigorosa e detallada análise da conxuntura socioeconómica de Galicia no 2021 e tamén do Norte de Portugal, abordando cuestións como a da reactivación (análise do PIB), o comportamento do sector exterior, o fluxo de investimentos estranxeiros ou a produtividade da economía, analizando así mesmo os aspectos demográficos e empresariais destes territorios, do mercado de traballo, do sector turístico, etc.

Artigos relacionados

Back to top button