Destacados resultados para os atletas do Club Adas Campo do Baco no Campionato galego de campo a través-Xogade, que se desenvolvía este sábado na Pobra do Caramiñal (A Coruña). Así o equipo infantil masculino conseguía a medalla de bronce nesta categoría, na que se impoñía o Club Atletismo Sada, mentres que a Atlética Val Miñor era segunda.
O conxunto infantil do Adas estaba formado por Jose Hervella, de Manzaneda (que lograba a mellor clasificación cun 12º posto), seguido dos barquenses Mateo Valcarce, Xoel Pungín, así como de Marcos Basalo e Tomás Rey Lage.
Por outra banda, o equipo cadete masculino do Club Adas lograba un sétimo posto.
A este campionato galego acudían os dous primeiros equipos clasificados da fase provincial así como os dez primeiros atletas individuais. A proba desenvolvíase no circuíto da Praia de Cabio a partir das 10.45 horas.
Foto cedida.
https://youtube.com/shorts/ZublX27vl3I?feature=share