Deportes

O equipo masculino do Auriense FG remata a liga no 5º posto

O equipo feminino continúa a competición con dous partidos pendentes contra Ártabras e Pontevedra

Cunha derrota 17-33 ante un dos candidatos ao título de Liga, o Estrela Vermella de Santiago, remataba a liga o equipo masculino do Auriense FG. Agora, tras o 5º posto conseguido este ano, quédalles unha copa galega que deixa o formato de torneo de xornada única e regresa a unha competición de ida e volta entre todos os equipos. Os cruces, coñeceranse despois do parón de Semana Santa.

En canto ao equipo feminino ourensán, as visitantes do Estrela Vermella levábanse o partido por tan só 3 tantos: 22-25 “nun final de infarto”. A liga continúa para elas con dous partidos pendentes (Ártabras e Pontevedra) e unha liña de xogo “ascendente que asegura a posibiliade de victorias en ambos encontros”, aseguran dende o Auriense.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button