CulturaCulturaÚltima hora

O escultor Xosé Cid recibe o XXXVI Premio “Celanova, Casa dos Poetas”

A entrega será o 6 de setembro e homenaxeará a figura do escritor celanovés, Celso Emilio Ferreiro, polo seu 41 cabodano

A xuntaza da Fundación Curros Enríquez hoxe, 18 de xullo. / Foto: cedida.

 

Tras unha reunión celebrada hoxe, sábado 18 de xullo, o Padroado da Fundación Curros Enríquez vén de aprobar a concesión do XXXVI Premio “Celanova, Casa dos Poetas” ao escultor ourensán Xosé Cid. O galardón recoñece “a súa longa traxectoria como intérprete das formas e dos feitos da Galicia tradicional máis auténtica a través da súa obra escultórica, herdeira do legado intemporal dos vellos artesáns da pedra e da madeira, pero sendo quen de detraer daquelas formas os volumes innecesarios para transformalas en auténticas obras de arte”, según indicou a fundación nun comunicado.

A entrega de premios será o próximo día 6 de setembro na Casa dos Poetas de Celanova, nunha xornada na que tamén se honrará a figura de Celso Emilio Ferreiro con motivo do seu 41 cabodano. Durante o acto, a presidente da fundación entregará a Cid una medalla de prata conmemorativa, obra do escultor ourensán Acisclo Manzano e un diploma feito polo pintor e poeta celanovés, Baldo Ramos.

 

A xuntaza da Fundación Curros Enríquez hoxe, 18 de xullo. / Foto: cedida.

 

Xosé Cid, natural da aldea de Santa Cruz de Rabeda, no concello de San Cibrao das Viñas, formouse de maneira case autodidacta arroupado polo impulso cultural que supuxo o grupo “Artistiñas”, alentado por Vicente Risco durante os anos setenta.

Este feito tamén relaciona ao galardoado directamente coa Xeración Nós, que este ano celebra o seu centenario. O traballo escultórico de Cid evolucionou considerablemente durante a súa traxectoria dende unhas primeiras obras de aspecto artesán ata outras nas que destaca a robustez e a elegancia, con influencia de Antonio Failde. Considérase como un artista cunha gran personalidade no contexto das artes plásticas así como das posteriores xeracións da cultura ourensá.

 

Artigos relacionados

Back to top button