AutomobilismoDeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O espectáculo da cerimonia de apertura da V Subida a Valdeorras, en imaxes

Ponse en marcha no Barco esta proba de automobilismo, que nesta edición é puntuable para o Campionato de España de Montaña

 

A estrada xeral do Barco, entre as rúas Conde Fenosa e Marcelino Suárez, converíase a partir das 20h. deste venres en escenario da ceromonia de apertura e presentación dos competidores da V Subida a Valdeorras, que nesta edición será Campionato de España de Montaña. Con tal motivo era cortada ao tráfico pola Policía Local. Formábase o que se denomina unha cápsula pechada, é dicir, a comitiva estaba encabezada por un vehículo policial, seguido dos coches 0, logo dos participantes e finalmente pechábase con outro vehículo policial.

 

 

 

Os vehículos que comezarán a competir mañá saían dende o parque pechado, situado no campo da festa (Malecón do Barco) en dirección á praza do Concello do Barco, onde eran presentados polo speaker da organización José Luis Casas, que estaba acompañado por membros da organización (en mans da Escudería Valdeorras) e por representantes do Concello do Barco.

 

 

 

Un a un ían presentándose os vehículos e aos seus pilotos, chegados dende diferentes puntos de Galicia, pero tamén de España. Ademais os competidores, entre eles o ganador da pasada edición, manifestaban a súa opinión sobre o circuíto, que cualificaban en xeral de rápido e técnico, e expresaban as súas expectativas sobre a proba. Entre eles estaba o piloto valdeorrés Félix Macías.

 

 

Tras a cerimonia, presenciada por numerosas persoas, os vehículos regresaban ao parque pechado.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button