CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O espectáculo “Gisela Concert Kids”, en Verín o 8 de xaneiro

Imaxe cedida.

 

O Auditorio de Verín acollerá o vindeiro 8 de xaneiro, ás 19:00 horas, a actuación de Gisela, a voz de Disney en España. Chega a vila do Támega “Gisela Concert Kids”, un espectáculo musical para toda a familia onde a artista, unha fada máxica, carismática e con voz anxelical, introducirá ao público nunha fantástica e apaixonada viaxe de moitas aventuras Disney.

Os asistentes mergullaranse de cheo nos contos e cancións infantís que marcaron a infancia de varias xeracións tales como: “Sueña” (El Jorobado de Notredame), “Parte de él” (La Sirenita), “Ha Nacido una Estrella” (Hercules), “Aquella estrella de allá” (Peter Pan), “Bella y Bestia”, “Colores al viento” (Pocahontas), etc…

Ademais, Gisela non virá soa. Estará acompañada dunha posta en escena espectacular, con vestiarios animados, personaxes moi coñecidos, decorados…. e unha serie de elementos que conectarán aos espectadores de principio a fin coa función, durante máis dunha hora de duración.

As entradas xa están dispoñibles, por 10 euros, en ataquilla.com.

A voz de Disney

A compañía cinematográfica “Disney” seleccionou a Gisela entre todos os seus compañeiros de OT para interpretar “Aquella estrella de allá” da película Peter Pan. Desde entón ela e Disney tiveron unha unión moi especial e hoxe en día Gisela é coñecida por ser a voz oficial de Disney en España.

O que a levou a interpretar as cancións máis coñecidas de películas, como a anterior nomeada, Peter Pan, Bella y Bestia e a máis actual Frozen 2, a cal lle levou a percorrer infinidade de países e escenarios, levando a súa voz ata a famosa gala de “Los Óscar” interpretando a canción “Mucho más allá”.

 

Artigos relacionados

Back to top button