CulturaCulturaÚltima hora

O Festival Internacional de Curtas de Verín activa a busca de voluntarios

O seu director, Carlos Montero, destaca que unha gran parte dos membros do equipo profesional que fai posible o certame na actualidade comezaba traballando como voluntarios

 

A organización da VIII edición do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV xa está a traballar no deseño das diferentes accións que se impulsarán no marco do certame. Unha vez aberto o prazo para a recepción de curtas, o director do Festival, Carlos Montero, anuncia que se activa tamén a busca de voluntarios e voluntarias, de calquera idade, que queiran “introducirse de cheo nas tripas dun certame cinematográfico que se foi consolidando, ao longo do tempo, como canteira para a proxección de talento local”.

Dende a súa primeira edición, en 2016, o FIC Vía XIV xa contou coa participación de diferentes perfís, principalmente procedentes de Verín e comarca, pero tamén doutras zonas de España e mesmo do estranxeiro, interesados en mergullarse na experiencia de facer posible un festival destas características. Perfís que axudaron a fortalecer e converte o festival no que é hoxe en día e moitos dos cales, segundo lembra Carlos Montero, “conforman na actualidade o cadro de persoal que fai posible o festival”.

Neste sentido, Montero sinala que “de voluntarios pasaron a ser profesionais remunerados ligado ao certame”. Todas aquelas persoas que queiran formar parte do FIC Vía XIV aprendendo a realizar, entre outras, tarefas de comunicación e xestión de redes sociais, fotografía, protocolo, realización ou produción audiovisual do evento poden inscribirse dende xa cumplimentando un formulario específico que se pode atopar na pestana voluntarios da web ficviaxiv.com.

Xeración de networking “Estamos seguros de que a experiencia será enriquecedora para todos eles, posto que poderán entrar en contacto con directores, productores, guionistas, realizadores e con outros profesionais ligado ao cinema que visitarán Verín para participar no FIC e, iso sen dúbida, axudará a que se xere unha rede de networking que pode resultarlles moi útil”, conclúe Montero.

Foto: FIC Verín.

Artigos relacionados

Back to top button