
Quenta motores unha nova edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask de Viana e Vilariño de Conso. A súa organización vén de anunciar a través das redes sociais que preparán unha nova edición para o 2022. E mesmo concretan as datas: do 27 ao 30 de xaneiro de 2022.
“Volvemos con forza, ilusión e ganas de organizar unha mascarada inesquecible no privilexiado entorno rural de Viana do Bolo e Vilariño de Conso”, aseguran os seus organizadores, que, nun principio, prevén manter a liña de anos anteriores, reunindo a ancestrais figuras das festas de inverno de Galicia, pero tamén doutros puntos de España e mesmo doutros países como Italia e Portugal.