DeportesPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco, 3º por clubs na cita nacional de augas bravas en Sabero (León)

O Fluvial Barco no terceiro posto do podio por clubs./ Foto: RRSS Fegapi.

 

Cun terceiro posto na clasificación por equipos saldaba a súa participación o Club Fluvial Barco na proba do XX Campionato de España de Descenso de Augas Bravas clásica e sprint, que se celebraba esta fin de semana, en concreto o 15 de xullo, en Sabero (León).

O equipo valdeorrés lograba un total de 1.638 puntos que lle valían o bronce nesta cita nacional, na que se impoñía o Sícoris Club con 2.119, mentres que o Club de Montaña e Piragüismo Quixós de Monforte de Lemos quedaba segundo con 1.742. O Quixós vén de converterse ademais en ganador da liga nacional de augas bravas, tal e como destaca a Federación Galega de Piragüismo.

Artigos relacionados

Back to top button