
Nunha distancia de de 3.000 metros desputábase a Copa de España de piragüismo para a categoría infantil no encoro de Villalpando (Zamora). Nesta competición participaban dous clubs ourensáns o Fluvial Barco e o Fluvial Allariz.
En total a cita reunía a 885 deportistas (572 nenos e 313 nenas), e nela impoñíase o Club Piragüismo Pontecesures (Pontevedra). O resultados ourensáns viñan da man de Alex Martínez (Fluvial Allariz) no posto 66 e de Yoel Rodríguez (Fluvial Barco), no 75.